Se reconoce la eficacia en España de una escritura pública de divorcio colombiana por mutuo acuerdo de los cónyuges pues en Colombia se siguieron los trámites pertinentes (AAP Pontevedra 6ª 5 junio 2020)

El Auto de la Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección Sexta, de 5 de junio de 2020 cofirma la decsión de instancia con el siguiente razonamiento:

“(…) Certamente, unha indagación do pensamento lexislativo partindo da pura literalidade da norma podería levarmos -non necesariamente tampouco- á tese defendida pola parte apelante pois, en efecto, a Lei 29/2015, de 30 de xullo, de cooperación xurídica internacional en materia civil dispón, no art. 41, baixo o rótulo de ámbito de aplicación, que serán susceptibles de recoñecemento e execución en España de conformidade coas disposicións deste título «as resolucións» extranxeiras firmes recaídas nun procedimiento contencioso, así como «as resolucións» extranxeiras definitivas adoptadas no marco dun procedimento de xurisdición voluntaria (números 1 e 2 do precepto). E nunha interpretación auténtica, o artigo 43 establece que aos efectos deste título entenderase por resolución calesquera decisión adoptada por un órgano xurisdicional dun Estado, con independencia da súa denominación -incluida, engade, a resolución pola cal o secretario xudicial ou autoridade similar liquide a custas do proceso- (letra a), e por órgano xurisdicional toda autoridade xudicial ou toda autoridade que teña atribucións análogas ás das autoridades xudiciais dun Estado, con independencia das materias propias desta Lei (letra b). Os vocablos» resolución», e «órgano xurisdicional» (que adopta a decisión), en unión da referencia aos «procedimentos contenciosso» e de «xurisdición voluntaria», semellan dar a entender que o ámbito de aplicación do procedimento de exequatur debería quedar circunscrito exclusivamente ás resolución dos órganos xuridicionais. Pero a norma engade tamén que por órgano xurisdicional entenderase, igualmente, toda autoridade que teña atribucións análogas ás das autoridades xudiciais, que é o que sucede exactamente no caso contemplado onde, de conformidade coa lexislación da República de Colombia, o divorcio pode seguirse e resolverse, indistintamente, en procedimento xudicial ou por vía notarial. Efectivamente, a Lei colombiana 962/2005, e o Regulamento aprobado polo Decreto Nacional 4436 do mesmo ano, reseñan, esta última norma, no seu artigo primeiro, que o divorcio do matrimonio civil (ou a cesación dos efectos civís dos matrimonios relixiosos), por mutuo acordo dos cónxuxes, poderá tramitarse ante o Notario do círculo que escollan os interesados e formalizarase mediante escritura pública. E aquela lei, no art. 34, que poderá convirse ante notario, por mutuo acordo dos cónxuxes, por intermedio de abogado, mediante escritura pública, a cesación dos efectos civís de todo matrimonio relixioso e o divorcio do matrimonio civil, sen prexuizo da competencia asignada aso xuices pola lei. Engadindo que o divorcio e a cesación dos efectos civís ante notario producirán os mesmos efectos que o decretado xudicialmente. En definitiva, a lexislación española, sen necesidade de acudir ao procedimento interpretativo análoxico ou de identidade de razón, como fan algunhas resolucións da xurisprudencia menor (autos de 19 de novembro de 2010, da AP de Madrid, Sección 22, e de 8 de xullo de 2019 da AP de Álava, Sección 1º), permite explicita e inequívocamente o exequatur da decisión de decretar o divorcio do notario colombiano polo concepto, amplo e abarcante, que ten da autoridade xudicia, de toda autoridade que teña atribucións análogas ás das autoridades xudiciais dun Estado. A postura aparece igualmente avalada polas resolución da DXRN de 14 de maio de 2001 e 4 de xuño de 2007, e polos autos do Tribunal Supremo de 2 de xullo e 19 de novembro de 1996 e 4 de febreiro de 1997. En definitiva, procede acceder ao solicitado pola parte demandante dado que, derradeiramente, no procedimento seguido no Estado de Colombia pola autoridade competente escoitousena todos os interesados, respectádose os seus dereitos de defensa, intervíu o Defensor de Famila en defensa dos dereitos da prole, respectouse igualmente o principio de legalidade dese país e, en fin, a decisión tomada non contraría a orde pública nin existe en España algún procedimento de contido semellante (en esencia, artigo 46 da Lei 29/2015, de 30 de xullo, de cooperación xurídica internacional en materia civil). Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español”.

Deja un comentario